“Os pesqueiros españois poderán acceder ós portos do Reino Unido durante todo o ano”. Antón Luaces

26 Febreiro 2021

Antón Luaces.- A frota pesqueira española que faena en augas do Reino Unido poderá acceder e descargar durante toda a semana, incluidos sábados, domingos e festivos, ós portos dese país. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación elaborou un documento sobre os trámites a cumprimentar para o acceso a porto, transporte e importación de produtos, tal e como solicitara o sector após a aplicación das novas normas que rexen como consecuencia do brexit. Tamén en fin de semana e festivo, a Secretaría General de Pesca do Ministerio citado validará a certificación das capturas dos buques españois, requisito imprescindible para poderen desembarcar en portos británicos.

Agora, o acceso dos barcos de pesca españois aos portos deste país  agora alleo á Unión Europea, precisa dunha autorización por parte das autoridades británicas realizada por medio da Organización de Pesquerías do Atlántico Nordeste (NEAFC, nas súas siglas en inglés), que debe ser validada pola Administración española.En base ao “Esquema de Control e Execución” establecido por NEAFC, os capitáns dos barcos (ou os seus representantes) que teñan a intención de efectuar escala nun porto habilitado para a descarga, deberán notificalo previamente ás autoridades competentes do porto a utilizar. No caso de produtos pesqueiros frescos, con catro horas de antelación. ​A consideración de terceiro país que o Estado británico adquiriu na UE aumentou moito a carga administrativa. Desde o 1 de xaneiro pasado, a normativa de referencia para todos os trámites relacionados coa frota do Reino Unido, ou para a importación das capturas dos buques da Unión Europea que se desembarcan en portos británicos é o Regulamento (UCE) No. 1005/2008 do Consello de 29 de setembro de 2008 que establece un sistema comunitario para prever, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada ou non regulada, un dos impactos directos do  brexit tanto sobre a frota española que descarga en portos do Reino Unido como para a frota deste país que descarga en portos habilitados españois.​A Secretaría General de Pesca elaborou un documento explicativo dirixido ao sector pesqueiro centrado nos seguintes tres casos posibles: Descarga de produtos pesqueiros desde buques españois no Reino Unido, documento que explica os trámites para realizar a importación indirecta nos casos de transporte en camión ou ferry ata España; descarga de produtos pesqueiros desde buques do Reino Unido no Reino Unido, que indica os trámites para realizar a importación directa no casos de transporte en camión ou ferry ata España, e descarga de produtos pesqueiros desde buques do Reino Unido en España, con explicación dos trámites de acceso a porto e desembarque, así como para a importación destes produtos.
Trámites todos eles que, se ben fan recaer na frota española unha maior dimensión administrativa, prexudica igualmente -ou máis- ás autoridades do Reino Unido, que son as que asumen en primeira instancia a maior carga da mesma.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...