O Rotogal Boiro perde en Castelló por 3 a 2

15 Febreiro 2021

Os de Boiro volven a perder, esta vez fronte o C.V L ´ Illa Grau por 3 a 2. Un encontro que estivo marcado pola irregularidade e que deixa o Rotogal máis preto dos postos de descenso.

O partido resultou estar moi igualado. De feito, o primeiro cuarto favoreceu ós galegos por 21-25, ao igual que o terceiro set, no que gañaron por 20–25. Mentres, os demais cuartos do partido foron para o C.V L´ Illa Grau.

Como de costume, os de Emilio Palacios fixeron grandes bloqueos. De feito, nas estatísticas pódese apreciar. Os locais quedáronse curtos nesta tarefa, con 2 bloqueos fronte ós 10 do equipo visitante.

En xeral foi un partido difícil e axustado. Destacou a participación de Nacho Espelt, que foi considerado o mellor home do partido. Polo momento haberá que esperar ata a semana que ven para recibir máis novas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.