O PSOE de Ribeira solicita a reparación das torres de alumeado do Campo da Tasca

15 Febreiro 2021

O PSdG-PSOE de Ribeira achegou un rogo para ser debatido en pleno relativo ás obras que se están a realizar, da man da brigada de obras municipal, para reparar e acondicionar a estrutura metálica da cubeta das bancadas do Campo de Fútbol de Aguiño. Malia que os socialistas recoñecen que se trata “dunha actuación moi necesaria”, tamén fan saber que os traballos deberan ser extensíbeis a todos os elementos do Campo da Tasca que presentan sinais de deterioro, como as catro torres de alumeado ou as estruturas de suxeición das redes dos fondos sur e norte.

Ven virtude de todo isto, o grupo socialista solicita que “por parte de quen corresponda se proceda a valorar o necesario saneamento e pintado das torres, que xa foron causa dalgún incidente anterior, e máis da estrutura de ferro que sostén as redes dos fondos do Campo de Fútbol Municipal da Tasca”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...