O Pazo de Goiáns terá colocado o pavimento cerámico do andar baixo antes de que remate febreiro

16 Febreiro 2021

O Concello de Boiro compartiu este 16 de febreiro máis detalles sobre o avance das obras para a remodelación, recuperación e posta en valor do Pazo de Goiáns. Segundo fixo saber, o inmóbel terá colocado o pavimento cerámico do andar baixo antes de que remate este mes.

O Concello tamén fai saber que o pavimento orixinal da lousa de gratino só se conservaba en dúas zonas do pazo, correspondente coas dúas entradas, polo que se recuperou o seu estado orixinal. A maiores, sinala que para a rehabilitación dos demais pavimentos vaise empregar unha baldosa hidráulica.

“Toda a superficie do pazo presentaba un pavimento de terrazo dos anos 60 ou 70, de escaso valor, pero, coa demolición controlada, recuperáronse pezas de baldosa hidráulica de pasta branca e decoración azul, datada en mediados do século XIX”, explica o Concello, engadindo que este precisamente, a baldosa hidráulica, foi o material que se escolleu para a rehabilitación do inmóbel. Para a súa colocación vaise recuperar o modo clásico, formando alfombras en cada estancia do pazo.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.