O nome de Rafael Abia Rubio, estudante do CEIP de Palmeira, viaxa na expedición a Marte que culmina este xoves

16 Febreiro 2021

A misión ao planeta Marte Mars 2020, que culmina este 18 de febreiro, non é unha misión en solitario protagonizada unicamente por máquinas e dispositivos: conta no seu seo con datos de nomes concretos de xente habitante do noso planeta, entre os que se inclúe o nome dun veciño de Ribeira, Rafael Abia Rubio.

A misión, impulsada pola NASA co obxectivo de poñer sobre o planeta vermello un vehículo terrestre Rover Perserverance e máis o helicóptero chamado Ingenuity, veu acompañada dun convite da axencia aeroespacial norteamericana a través do que se permitiu, a quen o desexase, subscribirse para enviar o seu nome a Marte, precisamente no Rover.

O convite foi recollido por máis de dez millóns de persoas, entre os que se conta, viaxando polas estrelas dende o 30 de xullo de 2020, o nome do neno Rafael Abia Rubio, nado en Barcelona pero ribeirense de adopción, estudante de primeiro de Primaria no Colexio Plurilingüe de Palmeira.

Tanto para o raparigo como para a súa familia (toda ela residente en Ribeira), está a resultar un importante motivo de orgullo a inclusión do nome de Rafael nunha misión tan importante e crucial para a historia da enxeñaría aeroespacial, e máis tendo en conta que os ollos de toda a comunidade de astrónomos e enxeñeiros están postos estes días na culminación dunha expedición que nos vai achegar datos insólitos, sorprendentes e inesperados sobre o chamado planeta vermello.

Por certo que a aterraxe poderase seguir en streaming a través da web da NASA en diversas plataformas da Rede o día 18 de febreiro sobre as 20.15 horas en Europa, por exemplo a través de Youtube.

Acompañando este texto incluímos o board passing enviado pola NASA para confirmar a inclusión do nome de Rafael, así como unha montaxe sobre a misión feita polo propio estudante do Colexio de Palmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.