O luns comeza o prazo de matrícula para os exames das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e costeiro polivalente

14 Febreiro 2021

As probas realizaranse en abril e maio no Instituto Politécnico Marítimo-
Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Mañá abre o prazo de matrícula para os exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos
seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico (Vigo), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o prazo de matriculación estenderase ata o 15 de marzo, inclusive.
A convocatoria e demais documentación precisa para concorrer a estas probas está publicada na web da Consellería do Mar, no seguinte enlace . No caso da titulación de mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 26 de abril nos tres centros formativos dependentes da Xunta. O mesmo ocorre coas titulacións de patrón local de pesca (sección máquinas), con data da proba o vindeiro 27 de abril, e de patrón local de pesca (sección ponte e común), coa celebración do exame o 28 de abril.
Por último, as probas para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 29 e 30 de abril e de patrón costeiro polivalente (sección ponte) terán lugar o 3 e 4 de maio.
As persoas interesadas en participar nas probas terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do 31 de xullo de 2014 e cumprir as condicións de acceso establecidas para as distintas titulacións. O modelo de solicitude está dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos .
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .
Tamén poderán tramitarse en soporte papel ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os aspirantes.
Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición, farase pública a listaxe provisional dos aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias.

Outros artigos

A presidenta de Portos reúnese coa directiva do Club Náutico de Muros

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva do Club Náutico de Muros, que preside Francisco Barreiros. Esta é a primeira xuntanza institucional da presidenta do ente público coa entidade, de recente creación. No...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...