O Grupo de Ribeira ampliará dependencias coas vellas instalacións da Comisaría

27 Febreiro 2021


A instalación da actual comisaría baixo xurisdición do Ministerio do Interior, podría pasar a depender da Consellería de Educación e o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz, confía en que ese procedemento burocrático que se puide facer este ano permitiría aumentalas dependencias do Grupo Escolar. Explica o mandatario ribeirense que competiría á Xunta de Galicia facer os arranxos correspondentes na dependencia para que poida destinarse a fins educativos. O colexio O Grupo faría uso das instalacións, xa que ten un elevado número de alumnos distribuídos en dous inmobles dentro do propio recinto. A falta de espazo do centro formativo forzou a súa reestruturación en diversos momentos para dar cabida a todas as necesidades que foron xurdindo como, por exemplo, foi no seu día a posta en marcha do servizo de comedor.

A actual Comisaría de Ribeira, que pronto pasará as súas novas dependencias, ocupa o antiguo edificio do “Frente de Juventudes” construído na década dos cincoenta do século pasado para acoller a sede da OJE, Organización Juvenil Española, edificio que foi reformado na década dos setenta para inicialmente facer un Club Xuvenil e posteriormente sería utilizado como sede da Comisaría de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...