“O día dos medios en galego: Para eles”. Angel Carracedo

06 Febreiro 2021


Como cada 7 de febreiro celébrase o “Día dos medios en Galego”. A data coincide coa publicación da obra “O Tio Marcos d’a Portela”, ​ unha obra aparecida por vez primeira en 1876, editada por primeira vez en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. Foi a primeira publicación periódica monolingüe en lingua galega.​

Os medios en galego unímonos nesta data coa publicación dun artigo de Angel Carracedo, Catedrático da Universidade de Santiago e Director da Fundación Pública de Medicina Xenómica (SERGAS).

“O día dos medios en galego: Para eles”

Fai anos entendín que os científicos non so tíñamos que investigar e dar clase no ensino superior ou conferencias en congresos, senón divulgar a ciencia e que chegara a xente tanto das cidades como do rural e particularmente aos mais novos, porque é a forma de que a xente entenda o que facemos, a cantidade de cousas que aínda non sabemos e de que poidan entender mellor o mundo que nos rodea.

Tamén pensei que para comunicar a ciencia en Galicia había que facelo en galego,  pero aínda que semellaba posible usalo na comunicación oral era moi difícil na escrita. Sempre me dicían:-“Pero se escribes en galego non che vai ler ninguén, nin tan sequera os galego falantes moito mais afeitos a ler en castelán”.

Tal vez fora verdade pero é cuestión de afacerse. Unha vez o fas queda xa en sintonía o que les e o que falas e aínda por riba enriqueces o teu vocabulario e falas cada vez mellor.

Para divulgar ben a ciencia, que a xente desfrute dela e que algúns das nosas rapazas e rapaces queiran un día ser científicos, hai que chegar a xente e que te sintan un mais deles. Falar de cousas importantes pero dun xeito sinxelo. Por iso en todas as miñas charlas divulgativas en Galicia é o idioma que emprego, como trato de facelo nos idiomas que sei en outros países, porque proximidade e entusiasmo son claves na comunicación.

Supoño que son tempos complicados para os medios, nos que hai que saber adaptarse aos cambios e combinar formatos para chegar a todos, novos e vellos, pero non sabedes que importancia lle dou a que o fagades en galego, porque é a mesma historia: non só e importante para normalizar o uso da nosa lingua, para poñela en valor, senón para achegarse a xente e transmitirlle as novas que lle sexan de interese ou importancia. Parabéns polo que estades facendo. Tedes todo o meu recoñecemento e aprecio.

Nada mais cun consello. Vivimos nun mundo que cada vez vai mais apresa con novas que voan vertixinosamente (e non penso que é unha boa cousa). Un mundo de novas e novas pero non de información. Eu vos pediría poñer sempre pezas de información, e non e refiro só a ciencia nin moitos menos. Ao lado dunha nova de un xuízo explicade que é unha instrución, un sumario ou o código penal. Ao lado dunha estatística ou seu significado, cando se fala da COVID que é un virus, ou no seu caso que é o cancro. É unha maneira de que os nosos cidadáns aprendan e podan analizar criticamente todo o que lle contan. En definitiva, un xeito de facelos mais libres.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...