O concurso do Entroido pobrense xa ten as fotografías gañadoras

27 Febreiro 2021

O xurado do concurso fotográfico Choqueirada na casa reuniuse na tarde deste venres 26 para determina-las imaxes gañadoras desta proposta que se concibiu para o Entroido pobrense neste 2021. Os premios consisten en vales de compra para utilizar nos estabelecementos locais que participan nesta iniciativa. Para as modalidades infantil, xuvenil, adulta e familiar estabelécense 3 premios (primeiro de 200 euros, segundo de 150 e terceiro de 100); mentres que a foto antiga ten o premio especial de 200 euros.
Das máis de cen fotografías presentadas, o xurado ditaminou que as distincións recaesen da seguinte maneira: na categoría infantil, o primeiro galardón é para ‘A raíña das flores murchas’, o segundo para ‘Sra. Marquesa’ e o terceiro para ‘A vella do visillo’; na xuvenil, ‘Unha vella nos tempos da COVID’ queda de primeira e os outros dous quedan sen adxudicar por non se presentaren máis fotos; na adulta, ‘Moscón Fardón’ leva o primeiro posto, seguido de ‘A ladroa dos calcetíns da lavadora’ e de ‘A Queen da casa’. No que respecta á familiar, o ouro vai parar a ‘A familia Trapisonda’, a prata a ‘El inviolable’ e o bronce a ‘Secretos de choqueiros confinados’. Por outra banda, o premio especial á imaxe antiga
outórgaselle a ‘Luces de bohemia nos Xardíns de Valle-Inclán’.
Organizada pola Concellaría da Cultura, da cal e titular a edil Patricia Lojo
(PSdeG-PSOE), esta iniciativa botou a andar coa pretensión de conxuga-lo
desfrute da tradición entroideira co feito de pór en valor a recuperación da figura do choqueiro respectando as medidas sanitarias adoptadas debido á COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.