O Concello de Rianxo fará unha substitución integral dos paneis da cuberta do Polideportivo

02 Febreiro 2021

O Concello de Rianxo vén de informar do estado no que se atopa o Polideportivo Municipal, cuxo teito sufriu un deterioro parcial motivado polo tren de temporais da semana pasada. Segundo fai saber, a cuberta do inmóbel está formada por dous tipos de chapas, opacas e translúcidas, sendo estas últimas as que máis se deterioran co paso do tempo e as que máis precisan de substitución. Nos últimos 10 anos iniciouse un proceso de renovación das translucidas. A día de hoxe, informou o Concello, investíronse preto de 18.000 € en renovar estas chapas, estando completado o 90% do cambio.

No que respecta á chapa desprendida parcialmente a pasada fin de semana, o Concello lembra que se corresponde cunha actuación de 2015: “Unha vez analizado o seu estado e ante o perigo potencial de caída á vía pública, decidiuse avisar aos bombeiros posto que contan con persoal cualificado e coas medidas de seguridade necesarias para este tipo de actuacións”. O Goberno rianxeiro tamén fixo saber que “é consciente da antigüidade da instalación e das súas necesidades”, polo que elaborou en 2020 un “proxecto básico de melloras no Polideportivo de Rianxo”, que está previsto se desenvolva en varias fases. Unha das melloras contempladas é a substitución íntegra dos paneis da cuberta. “O obxectivo é proporcionar aos clubs e persoas usuarias as mellores condicións posibles para a práctica deportiva”, engade o Concello, que acompaña a información de datos sobre a actuación máis recente, en maio de 2020.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.