O Concello de Boiro asiste a unha xuntanza telemática sobre fondos europeos

O Concello de Boiro participou este 19 de febreiro nunha xuntanza telemática sobre fondos europeos co obxectivo de trazar estratexias de futuro que repercutan de xeito positivo na veciñanza á hora de optar aos ditos recursos. A asistencia a esta xuntanza nace “da necesidade de presentar proxectos ante a Unión Europea co fin de acadar apoios para realizalos”, explicou o Concello.

A xuntanza realizouse no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia que busca a modernización da economía española, a recuperación do crecemento económico e a creación de emprego, un plan a seis anos que tamén procura a colaboración dos Concellos para coñecer as liñas de interese e preparar as bases das convocatorias.

O Goberno de Boiro enviou xa as temáticas sobre as areas de interese á hora de optar aos ditos fondos e, tras esta xuntanza telemática, ten como obxectivo “comezar a traballar na elaboración de proxectos para presentar e optar a estas subvencións”. Búscase tamén lograr investimentos cos que materializar propostas de interese para a veciñanza e aportar datos de relevancia para facilitar que as empresas da contorna accedan tamén a estas axudas.