O CEIDA festexa o Día Mundial das Pradeiras Mariñas cun programa de educación ambiental

28 Febreiro 2021

Co gallo da celebración do Día Mundial das Pradeiras Mariñas, que se celebrará este luns 1 de marzo, 75 alumnos e alumnas do CEIP Ría do Burgo visitarán co equipo educativo do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) en Oleiros (A Coruña) para estudar a pradeira mariña rexenerada de xeito natural.

Cómpre dicir que esta actividade está inserida no programa Pradeiras Mariñas, Tesouros de Biodiversidade, un programa piloto do CEIDA que quer dar a coñecer as pradeiras mariñas da beiramar galega.

Este proxecto xa contou coa participación de máis de 800 estudantes dende o mes de outubro procedentes de centros educativos de Redondela, Bueu, Pontedeume, Moaña, Ares, Rianxo, Vigo, A Coruña, Carballo, Malpica, Nigrán e Culleredo.

Indo á parte máis técnica, sinalar que as pradeiras de fanerógamas mariñas teñen moita importancia ecolóxica, xa que achegan alimento, refuxio e hábitat de cría para un grande número de organismos; son estabilizadoras das praias e da costa contra a erosión mariña; absorben CO2 da atmosfera e osixenan as augas… polo que tamén son ben relevantes para o ser humano, mesmo dende o punto de vista económico, xa que moitas das especies dependentes das pradeiras son explotadas comercialmente polas pesqueiras. Nun estudo realizado pola Fundación Biodiversidad sobre a avaliación dos servizos dos ecosistemas mariños, estiman que o valor económico das pradeiras mariñas de toda España como sumidoiros de carbono é de arredor de dez millóns de euros. Malia os seus beneficios, as pradeiras mariñas son descoñecidas pola sociedade e mesmo consideradas “malas herbas”.

O programa educativo Pradeiras Mariñas, Tesouros de Biodiversidade, pretende afondar no seu

seguimento, protección e conservación, para iso conta con actividades en aula e de seguimento científico de pradeiras por parte dos escolares ao longo da beiramar galega. Nesta última actividade aprenden a identificar que especies de fanerógamas mariñas están presentes na súa pradeira; estudan a densidade, a cobertura, a lonxitude das follas, a floración…; e son testemuña das ameazas existentes no territorio, facendo especial fincapé na súa conservación.

Outros artigos

Dodro organiza o domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

O vindeiro 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.