O BNG reclama máis atención para a parroquia de Artes


O BNG ribeirense aproveitou estes días para recoller as necesidades da veciñanza de Artes, xa que cren que “é unha das parroquias que menos investimentos recibe por parte do Concello de Ribeira”.
Segundo Pérez Barral “no POS de 2021 a parroquia de Artes é das que menos contía recibe ao ter só dúas obras por valor de 192.65 € dos cales 161.142 € foron destinados a unha obra proposta polo BNG.” Ademais, desde a sede bloquista aseguran que é unha tendencia dos últimos anos xa que “no POS 2020”, Artes recibía tan só unha obra por valor de 34.413 € para pavimentar un camiño no lugar da Gándara”.
O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira fai fincapé na necesidade de dotar aos veciños e veciñas dunha boa conexión a Internet mediante o despregamento e posta en funcionamento da fibra óptica e outros medios, así como renovar varias estradas e camiños nos lugares de Sego, Fonte das Cruces ou do Outeiro ao lugar do Castro.
A falta de roza nas gabias que provoca que existan corredoiras moi estreitas
provocando dificultades de atoparse dous vehículos é outra das queixas do veciños de artes. Ademais o BNG reclama a colocación de recipientes de recollida de aceite usado en tódalas parroquias. O Bloque trasladará estas necesidades ao Pleno para que o Concello de Ribeira as inclúa nas vindeiras partidas orzamentarias.