O arquitecto Gallego Jorreto, premiado por Medio Ambiente pola súa traxectoria profesional

18 Febreiro 2021
A vivenda unifamiliar de Gallego Jorreto en Corrubedo, nunha imaxe de cabocorrubedo.com

O arquitecto galego Manuel Gallego Jorreto, un dos principais responsábeis de que Corrubedo estea presente nos principais faladoiros da arquitectura contemporánea (foi o artífice da vivenda unifamiliar que preside dende finais dos anos sesenta a praia da Ladeira), vai obter un novo recoñecemento á súa impecábel e sobranceira traxectoria. Trátase do Premio á Traxectoria Profesional que concede a Consellería de Medio Ambiente. Xunto con este galardón, o departamento da Xunta tamén anunciou este mércores que o Premio Galego de Arquitectura 2020 (terceira edición) irá dar á Escola infantil de A Veigadaña no Concello de Mos. Tamén se recoñeceu o Premio Especial á Sustentabilidade á reforma dun edificio existente para 8 vivendas unha oficina e aparcamento no número 11 da rúa Colón en Vigo.

Un arquitecto que comezo a súa andaina visionaria a carón da Ladeira

Manuel Gallego Jorreto, natural do Carballiño, comezou a súa máis que destacada carreira en Corrubedo (Ribeira), a cabalo entre o ano 1969 e o 1970. A súa contribución ao modelo de casa unifamiliar, inserida nos terreos lindeiros á praia da Ladeira (no outeiro que permite a visión das dunas, do Vilar e do Atlántico), foi destacada por múltiples especialistas en arquitectura como un exemplo perfecto de harmonía arquitectónica co medio natural. Segundo fixo saber nunha entrevista recente o propio homenaxeado, “a nosa casa de Corrubedo estaba nun sitio marabilloso e é, sen dúbida, o máis rotundo dos meus edificios, é case unha ferramenta, un periscopio que ergue a cabeza para mirar, que varre o vento por detrás”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.