O alcalde de Boiro e a concelleira de Cultura, positivos en coronavirus

09 Febreiro 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, vén de dar positivo en COVID-19. Segundo vén de informar o Concello nun comunicado, o rexedor municipal é un dos afectados por coronavirus no Consistorio, un feito que obrigou a pechar a sede da Administración local. Outra das persoas contaxiadas é tamén a concelleira de Cultura, María Outeiral.

O Goberno boirense engadiu que “todas as persoas con contacto estreito foron chamadas onte a facer un test de antíxenos, sendo o resultado negativo”. Ademais, fixo saber que as autoridades sanitarias decidiron facer esta mañá un cribado de probas PCR. Debido á situación sanitaria, as dependencias municipais van permanecer pechadas ata que se coñezan os resultados das probas e seguir cumprindo os protocolos e medidas indicadas polas autoridades sanitarias.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.