Numerosas incidencias na comarca polo temporal Karim que chegou ós 125 qlm/hora. Ribeira rexistra o maior número de incidencias

20 Febreiro 2021

A borrasca ‘ Karim’ que afecta a Galicia desde o venres deixou ao longo da madrugada do sábado precipitacións que superaron os 65 litros por metro cadrado nos municipios coruñeses e ventos de 157,7 km/h en Vimianzo.

As medicións da comarca indican que Sálvora chegou ós 125, 6 quilómetros/hora; a Muralla en Lousame acadou os 98,7 quilómetros/hora e Corrubedo chegou ós 94,8 quilómetros/hora.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, por provincias, a da Coruña foi a que levou a peor parte, cun total de 104 incidencias rexistradas, mentres que na provincia de Pontevedra houbo 89, na de Lugo 17 e na de Ourense 10. Por fortuna, non houbo que lamentar incidencias de gravidade.

En canto aos concellos, na provincia da Coruña destaca o de Ribeira, con 11 incidencias contabilizadas, catro no de Ames e Narón, respectivamente, e tres no Concello de Muros. Na provincia de Pontevedra destaca o Concello de Vigo, con cinco incidencias rexistradas, o de Cangas, con catro, e os de Pontevedra e Ponteareas, con tres cada un.

Contedores na Avenida da Coruña en Ribeira . Foto Infobarbanza

Na comarca contenedores de lixo tumbados, árbores caidas, cortes puntuais de luz, obxectos caídos e intervencións de dotación de bombeiros con base en Boiro e Ribeira interviron esta mañá na retirada de planchas e aseguramento de estrutura en valla publicitaria en Cimadevila no Concello de Boiro. Colaboran Policía Local de Boiro e Garda Civil de Boiro.

Efectivos dos bombeiros retiran valla publicitaria en Cimadevila no Concello de Boiro. Remitida

Tamén Bombeiros de Ribeira e Protección Civil de Porto do Son tiveron que desprazarse á zona sonense de San Pedro de Muro, onde unha árbore veu abaixo e acabou cruzado sobre as DP-7103, o que obrigou a cortar a circulación temporalmente.

Árbores caídos obrigaron a cortar a estrada temporalmente San Pedro de Muro- Porto do Son. Remitida

NO MAR

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa da actualización do episodio meteorolóxico adverso de nivel laranxa no mar.

Agárdadase que ata últimas horas da tarde de hoxe sábado, o litoral de A Coruña e Pontevedra contínuen en nivel laranxa, con  ondas que poden alcanzar os 7 m . Agárdase que a partir do mediodía vaian aimanando. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.