“Novas posibilidades de pesca para os atuneiros”. Antón Luaces

19 Febreiro 2021

Os atuneiros da Unión Europea teñen en Gabón novas posibilidades de pesca. Ao menos 27 atuneiros cerqueiros, 6 cañeiros e 4 arrastreiros adicados á captura de peixes demersais e crustáceos nunha pesqueira especial, poderán beneficiarse  do novo acordo de pesca entre a UE e Gabón que permite ós buques europeos acceder ás augas gabonesas durante un período mínimo de 5 anos, contribindo deste xeito ao desenvolvemento do sector pesqueiro dese país da África central, situado ao sur de Guinea Ecuatorial.
O novo protocolo baséase na xestión sustentable dos recursos, unha mellor gobernanza da pesca e a transparencia, garantindo o cumprimento dos valores fundamentais da Política Pesqueira Común da UE. Da resposta, a máis, á necesidade de Gabón de mellorar a competitividade do sector e fomentar a creación de valor engadido e postos de traballo, en particular mediante incentivos ás capturas en terra.O acceso dos atuneiros europeos ás augas  e recursos pesqueiros da zona de pesca gabonesa vai autorizarse con unha contribución financeira anual da UE de 1,6 millóns de euros e axuda financeira doutro millón de euros ao ano para contribuir ao desenvolvemento do sector pesqueiro e á xestión sustentable de aspewctos comko a capacidade científica ou a xestión mariñas e as medidas de protección dos ecosistemas fráxiles, como as zonas mariñas protexidas.A axuda contribuirá tamén ao seguimento, control e vixiancia da pesca e a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non reglamentada.Os armadores europeos complementarán a contribución da Unión Europea con outros 2,6 millóns de euros ao ano, que se axustará en función do seu nivel de capturas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.