Na Pobra convodado un proceso de selección para as bolsas de emprego do persoal de mantemento

25 Febreiro 2021

O Concello de Pobra presenta unha convocatoria de probas de selección para cubrir os postos temporais das brigadas e das obras de mantemento. Así, realizarase un concurso e escolleranse as persoas máis acordes cos postos a desenvolver: de operaria/operario de servizos varios, operaria/operario de limpeza viaria e espazos naturais, operaria/o de xardíns, electricista e condutor/a.

Os aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos, relacionados coa data en que remate o prazo de presentación de instancias, ademais dos de carácter especial en función do posto a que se opte. Os traballadores cun contrato dentro do programa PEL dos Concellos da Deputación da Coruña tamén terán, a maiores, que cumprir unhas condicións específicas.

Aquelas persoas interesadas deberán pedir a súa participación mediante unha instancia dirixida ó alcalde, segundo o modelo que consta no anexo I das bases. Os que queiran optar ós contratos subvencionados pola institución provincial, soamente deberán marcalo no escrito.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, en horario de 08.00 a 14.00 horas. O prazo é de 10 días hábiles despois da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As persoas que presenten a súa solicitude nunha oficina de Correos, deberán aportar un sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada pola funcionaria/o de Correos antes de ser certificada. No referente a outro rexistro público distinto ó da Administración local pobrense, as persoas solicitantes terán que remitir unha copia escaneada da instancia debidamente selada ou rexistrada ó enderezo electrónico rexistro@apobra.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.