Investigado un veciño de Boiro por estafar 2.100 euros a unha coñecida

25 Febreiro 2021


O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil investigou a un veciño de Boiro como presunto autor dun delito de estafa de máis de 2.100 euros a unha coñecida con retirada de efectivo da súa conta e outro de usurpación de estado civil.

Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por unha veciña de Boiro nas dependencias da Garda Civil nesa localidade. A denunciante asegurou que se realizaron unha serie de transferencias desde a súa conta bancaria sen a súa autorización por un importe de 2.115 euro. Ademais, sinalou que constaba ao seu nome unha tarxeta bancaria que non solicitara nin estaba na súa poder, na cal se realizaron cargos por un valor de 146 euros.

No transcurso da investigación, os axentes corroboraron a existencia das transferencias e da tarxeta bancaria. A Garda Civil logrou a identificación do autor dos feitos que resultou ser un veciño da localidade, coñecido da vítima. O home segundo a Benemérita aproveitou esa circunstancia para solicitar os seus datos persoais e fixo uso deles para a realización das transferencias e a contratación da tarxeta bancaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.