Incendio dun coche na autovía de Barbanza

08 Febreiro 2021

Unha saída de vía na AG-11, á altura do punto quilométrico 24, preto de Boiro, obrigou os servizos de emerxencia a interromper a circulación nun dos carrís de acceso á autovía.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 14:15 horas cando a propia condutora do vehículo chamou para solicitar axuda. No seu relato, informaba que sufriu unha saída de vía co seu turismo cando circulaba por Boiro, dirección Padrón. Indicaba que se atopaba ben, aínda que algo nerviosa pola situación, e que o vehículo entorpecía a circulación.

Decontado, desde o 112 pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico,  da Policía Local e tamén ao servizo de mantemento da vía. Unha vez no lugar dos feitos, os equipos de emerxencia trataron de retirar o turismo sinistrado e, para logralo, procederon a cortar un dos carrís de acceso ata que as condicións de seguridade fosen restablecidas.

Cómpre sinalar que os Bombeiros de Boiro e os membros de Protección Civil tamén foron informados por se fose necesaria a súa colaboración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.