“In memoriam”. José Manuel Pena

07 Febreiro 2021
Carlota Pérez, a activista que evitou desafiuzamentos ata o día antes da súa morte

Estimada compañeira:

Lembras, cando os políticos e gobernantes dicíannos que os DESAFIUZAMENTOS eran unha cuestión entre particulares, que estaban ligados ao cumprimento dun contrato e que por tanto non eran a súa responsabilidade.

Como coñeces sobradamente, comezamos chamando ás portas das sucursais bancarias e continuamos por negociar cos responsables provinciais, rexionais e nacionais das propias entidades financeiras ao obxecto de defender ás FAMILIAS no seu lexítimo DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA. Negociamos moratorias, dacións en pago, alugueiros sociais…, sempre dando a cara polas familias afectadas, que se atopaban totalmente noqueadas polas circunstancias.

CARLOTA, sábelo, eras un referente na loita polo DEREITO Á VIVENDA. Recordo que, cando contactaba con algún responsable territorial dun banco, sempre saía o teu nome e comprobaba o APRECIO que che tiñan por ti SENSIBILIDADE, RESPECTO, EMPATÍA E TALANTE NEGOCIADOR.

CARLOTA, foron moitas as ocasións e momentos que falabamos sobre o enorme traballo desenvolvido polas PAHS e os colectivos de STOP DESAFIUZAMENTOS de Galicia e do resto de España. Sempre coincidiamos de que tiñamos que manter a necesaria FORTALEZA E INTEGRIDADE que nunca deberiamos perder e que ti chegaches a manter ata o último momento da túa existencia, a pesar das circunstancias.

CARLOTA, ao longo de todos estes longos anos ademais de cidadáns da pié, COMPROMETIDOS, tivemos que ser de Psicólog@ s, Traballador@ s Sociais , Avogade@ s, Polític@ s, Empresari@ s, Pais, Nais, Herman@s…, para MOITAS FAMILIAS VULNERABLES que os seus achegados deixábanas abandonadas en momentos de dificultades. Sempre había unhas palabras de ESPERANZA, por ti parte, e o teu teléfono estaba aberto as vinte e catro horas para escoitar e axudar aos demais . GRAZAS. GRAZAS… ATA SEMPRE, AMIGA E COMPAÑEIRA D. E. P..

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.