“Fai todo o que poidas, hoxe”. Antón Luaces

14 Febreiro 2021

Moito queda por mudar a efectos patrimoniais na franxa costeira de Galicia, máis de 2.000 quilómetros de territorio que acubillan verdadeiros tesouros culturais e mesmo poderían dar abrigo a unha manchea de actividades socio-culturais e económicas que a Galicia de hoxe demanda e non pode levar a cabo.
Non é de estranar, xa que logo, que a Xunta de Galicia teña solicitado o traspaso da xestión do Dominio Público Marítimo Terrestre para pór remate dunha vez ao traspaso de competencias a Galicia en materia de ordenación do litoral iniciado vai 35 anos.A Galicia costeira precisa dunha xestión de proximidade e a Xunta, como ordenador da Comunidade Autónoma é, teóricamente, o organismo que maior e mellor coñecemento ten ou cando menos así debe ser porque dun xeito máis detallado pasa polas súas mans todo canto ten que ver con, por exemplo, máis de 5.000 edificación actualmente destinadas a usos distintos dende o que é unha estimación estatal que non sempre ten que ver coa realidade existente ou necesaria.É, amáis, na franxa costeira, onde se desenvolven a práctica totalidade  de actividades como a marisqueira, a pesqueira, a portuaria, mesmo de planificación urbanística que o Estado ordena ó seu xeito e sen ter en conta as necesidades do propio territorio e a veciñanza deste.De estaren nas mans da Autonomía eses espazos hoxendía dependentes do que o Goberno central determine en cada caso, podería e debería derivarse un importante beneficio para un tamén importante número de empresas do complexo mar-industria  no que atinxe á tramitación, por exemplo, das súas concesións dotando a estas dunha maior seguridade xurídica e non deixando ao albur o que sobreveña.Tamén solicita a Xunta a modificación da Lei de Costas que tanto prexuizo está a causar ás instalacións portuarias non dependentes da Xunta que, ao igual que aquelas outras que constan como concesionarias para a instalación na franxa costeira de entidades como, por sinalar algunha, as confrarías de pescadores , que carecen de ánimo de lucro, ás que a Administratción estatal, a través das Xefaturas de Costas, está a poñer a proba constantemente como é o caso, por exemplo, do pósito de Cariño ou a zona de tránsito rodado que a entidade Portos de Galicia, dependente da Xunta, baralla como lle peta poñendo a proba a paciencia da confraría local de pescadores de Malpica porque lles vai quitar unha importante fonte de ingresos ao impedir a circulación de camións articulados polas vías portuarias polas que ata o de agora transitaban con pesadas cargas de peixe do que se abastecen na lonxa local.

Poñer en mans da Autonomía un sistema de ordenación axeitado semella ser o máis racional. Pero tamén han ser as autonomías, neste caso a galega, a que poña en xogo todo o que resulta ser un sistema teóricamente establecido para mellorar, nunca para empiorar. 

Outros artigos

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

“Cazar grallas para vencer ao demo”. Xosé Antonio López Silva

En xaneiro morreu en Barcelona, aos 93 anos, José Martínez de Sousa, a máis alta autoridade na ortografía, a tipografía e a corrección editorial en castelán. Era do Rosal, abeirado ao Miño. Orfo de cativo, formouse como tipógrafo entre chumbos e caixas de tipos dende...

“A Ribeira Sacra tiene que esperar” – José Castro López

“A Ribeira Sacra tiene que esperar” – José Castro López

A Ribeira Sacra no necesita un reconocimiento oficial para demostrar su grandeza. Basta recorrer los cañones del Miño y del Sil, contemplar los viñedos que desafían la gravedad en las laderas o detenerse en una iglesia o monasterio románico para comprender que este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.