Este mércores volven as choivas a partir da tarde e serán fortes á noite

16 Febreiro 2021

Galicia mantense na influencia das baixas presións, con réxime de ventos do sur e coa chegada dunha fronte fría moi activa ao final da xornada.

Así, durante o mércores os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes no sur e oeste da Comunidade onde se rexistrará algún orballo. Co avance da tarde, intensificarase o vento e chegarán as chuvias que serán localmente fortes durante a noite na metade oeste. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes pola tarde e pola noite.

Baixas presións de 975 mb entre Islandia e Irlanda e altas presións de 1025 mb ao sur da península Ibérica

Atención para mércores: Vento do sudoeste forza 7 entre A Guarda e Estaca de Bares ao final do día.

No noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 6 á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do oeste á mañá e á noite e noroeste á tarde, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:051.0 m
Preamar07:203.3 m
Baixamar13:271.0 m
Preamar19:373.1 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:561.0 m
Preamar07:113.3 m
Baixamar13:201.1 m
Preamar19:313.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:021.0 m
Preamar07:173.3 m
Baixamar13:241.0 m
Preamar19:353.1 m
Prognóstico de precitacións ás 21 horas do mércores

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.