ENCE e Amicos impulsan a inserción laboral na contorna de Pontevedra

26 Febreiro 2021

A empresa ENCE e a Asociación Amicos, con sedes en Boiro e Ribeira, xuntaron forzas para impulsar novas oportunidades laborais entre persoas con diversidades funcionais e cognitivas na contorna da ría de Pontevedra. Estamos a falar do proxecto ENCE Capacita, posto en marcha no ano 2020 dende a Área Social de ENCE coa colaboración da entidade social da nosa comarca.

Tendo en conta os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) impulsados dende a Unión Europea, o proxecto centrouse en informar, orientar e asesorar a persoas en risco de exclusión social residentes nos municipios e aldeas da ría de Pontevedra, para “que poidan mellorar a súa situación laboral a través do fomento do emprendemento e de novos perfís ligados á economía circular, verde e azul”, explicaron as dúas entidades.

Neste proxecto participaron 8 persoas con máis de 40 sesións de orientación individual, formacións e prospección empresarial durante a duración de todo o plan.

Finalmente, conseguiuse un 50% de insercións laborais.

Entre as persoas participantes do programa de formación e empregabilidade atopábase Santiago Rodal, que salientou o feito ter “coñecido xente marabillosa que me axudou a adaptarme ao meu traballo”. Tamén participou José María Baso, que centrou o seu labor no ámbito dos traballos forestais de limpeza e roce dirixidos a acadar montes mellor coidados e sustentábeis. Podemos ver máis datos sobre estas experiencias nun vídeo específico acabado de subir ao Youtube por ENCE.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.