En Boiro retómase a partir do martes o mercado semanal grazas á diminución dos contaxios

22 Febreiro 2021

O Concello de Boiro retoma a partir do martes 23 de febreiro o mercado ambulante que se celebra de xeito semanal e estaba cancelado temporalmente debido á situación sanitaria na que se atopaba o termo municipal. O Executivo local, dada a diminución do nivel de contaxios, dá luz verde á celebración do mercadiño cun 50% dos postos e “garantindo todas as medidas de seguridade e hixiene”.

O Concello engade que os postos que se van instalar son “os que se colocan decote na marxe esquerda, pegados á mediana da Avenida da Constitución”, e “rotaranse cada semana para que todos os comerciantes poidan retomar a actividade”. O Executivo lembra que os comerciantes están sendo avisados para que o día 23 se leve a cabo a montaxe “de forma áxil e sen incidencias”.

Para garantir as medidas de seguridade e hixiene vanse colocar dispensadores de xel hidroalcólico no espazo do mercado e vaise intensificar a vixilancia policial. Amais, os axentes da Policía Local de Boiro coidarán que non se produzan aglomeracións e se cumpran todas as restricións xerais decretadas polas autoridades sanitarias, así como evitar que se produzan desprazamentos de outros municipios.

O Concello de Boiro lembra “a prohibición de estacionar o martes no treito da avenida da Constitución, na marxe onde se vai instalar o mercado”.

Nas entradas do mercado estarán instalados carteis coas normas hixiénico-sanitarias a cumprir, polo que o Goberno boirense roga a toda a veciñanza “responsabilidade individual para respectar as medidas e previr os contaxios”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.