En Boiro convocado un proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación de peóns

23 Febreiro 2021

O Concello de Boiro informou este martes 23 da convocatoria dun proceso selectivo para elaborar unha listaxe de contratación de peóns. Esta listaxe, que se vai crear con cargo á subvención PEL-Concellos (Deputación da Coruña) concedida ao Concello de Boiro por un importe de 103.996,35 euros, terá aberto o prazo de presentación durante cinco días hábiles, contando dende este 24 de febreiro.

Nas bases especifícase que a2s persoas candidatas deberan ter cumpridos os 16 anos; non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias deste traballo; non atoparse incuso en causas de incompatibilidade ou incapacidade; non ser despedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración publica: estar en situación de desemprego e estar en posesión, como mínimo, de 2ºESO ou equivalente”. Ademais as persoas aspirantes “deben estar nalgunha situación de exclusión laboral”.

O sistema de acceso vai ser mediante concurso-oposición libre e o numero máximo de integrantes da lista será de 20. A oposición constara de tres exercicios de carácter obrigatorio. O primeiro deles será a contestación por escrito dun cuestionario de 20 preguntas, o segundo exercicio consistira na realización dunha proba oral sobre as funcións a desenvolver no posto de traballo e o terceiro deles unha proba de coñecemento de lingua galega para as persoas que non puidesen acreditar o coñecemento de lingua galega. Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional e os programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral.

O modelo de instancia e toda a documentación requirida pode presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, con atención ao publico de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a Sede Electrónica. As bases da convocatoria e toda a información está a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.