En Boiro actívase o servizo para tramitar permisos de corta e queima

17 Febreiro 2021

O Concello de Boiro puxo en marcha o servizo para tramitarpermisos de corta e queima por parte da veciñanza, sendo o primeiro Concello da nosa contorna en habilitalo. Así, o departamento de Urbanismo é o encargado de realizar as solicitudes para obter os permisos que se requiren á hora de realizar os ditos traballos nunha propiedade determinada. As persoas que queiran facelo e non dispoñan dos medios ou capacidades, poden formalizalo a través do departamento de urbanismo municipal.

O Concello explica que a forma de solicitar estes permisos é a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e precísase dispoñer da chave 365 e coñecer a referencia catastral da finca, “un proceso traballoso para as persoas que non dispoñen das capacidades tecnolóxicas para poder realizar as solicitudes”.

Os axentes forestais e moitas persoas demandaban que se facilitase o proceso, polo que agora o Concello comezou a realizar este trámite para facilitar e axilizar as tarefas. As persoas que precisen solicitar un permiso de corta ou queima, de uso doméstico, nunha finca do termo municipal poden facelo dirixíndose directamente ao departamento de Urbanismo para que fagan o trámite. A atención ao público do departamento é de luns a xoves en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.