En A Pobra outros 50 composteiros domésticos para distribuír entre a veciñanza pobrense

16 Febreiro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal repartirá outros 50 novos composteiros domésticos para darlle así continuidade ao proxecto da compostaxe no termo municipal impulsado dende a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), co obxectivo de reduci-lo peso da fracción do resto, recollida nos contedores verdes. Unha diminución importante tanto dende o punto de vista medioambiental coma económico, pois no pasado exercicio recolléronse nos contedores da fracción do resto 3859 toneladas, o que representa máis do 90% do lixo xerado.
A adquisición desta segunda remesa de composteiros atópase ao abeiro da
convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases
reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o
financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021. Mediante a notificación da resolución, concedeuse un total de 24524’16 euros para distribuír entre 2020 (19010’92 euros) e 2021 (5513’24 euros).
As persoas interesadas en participar xa poden formaliza-la súa solicitude a
través do rexistro, preferiblemente o telemático. Calquera dúbida será resolta polo Departamento do Medio Ambiente. Nesta ocasión a convocatoria está aberta en igualdade de condicións a tódalas parroquias, tendo como requisito a dispoñibilidade dunha superficie mínima de 25 metros cadrados de xardín e/ou horta, e dando preferencia a aqueles domicilios onde haxa maior número de membros por vivenda. As persoas participantes recibirán o composteiro de balde e unha charla formativa sobre a compostaxe.
Cómpre lembrar que xa nos últimos meses de 2020 se iniciou a andaina cara á compostaxe doméstica xa establecida (coa entrega doutros 50 colectores e material divulgativo) e comunitaria, a cal está financiada coa convocatoria de Axudas Residuos 2019 PIMA Residuos e PEMAR do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, pola cal se concedeu ao Concello en novembro de 2019 un total de 14020’26 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

“La laicidad de doble rasero”. José Antonio Constenla

Una guía del Ayuntamiento de Barcelona dirigida a los centros educativossugiere no bailar ni poner música durante el Ramadán, porque “algunaspersonas musulmanas pueden considerar la música o la danza como unaactividad no idónea”. Más allá del contenido concreto de la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.