Educación de Boiro estrea blog para o alumnado de todos os niveis

05 Febreiro 2021

A Concellería de Educación de Boiro presentou este venres 5 un blog para informar periodicamente de todas as novidades sobre as medidas do Goberno local que atinxan ao alumnado de todos os niveis. Estamos a falar de www.educacionboiro.blogspot.com, espazo no que atoparemos todos os contidos de referencia para a comunidade educativa, isto é: servizos que empresta a administración local, formación propia que se imparte no Concello, cursos formativos de relevancia, amais de información de interese para o alumnado.

Cómpre engadir que o Concello de Boiro quer apoiar á educación e á formación para convertelos no alicerce do desenvolvemento social do municipio. Con este fin, o Goberno local recuperou o departamento de educación, dirixido pola concelleira María Outeiral, para pór en contacto a toda a comunidade educativa: centros de ensino, AMPAs, administracións… e traballar na mesma liña. Segundo palabras da concelleira de Educación: “Este blog é o resultado das demandas dos centros educativos e do alumnado, así como do traballo común entre o persoal municipal de educación, xuventude e formación”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.