Detidas catro persoas da comarca do Barbanza e esclarecidos 52 roubos na Pobra do Caramiñal

22 Febreiro 2021

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro, en colaboración coa Policía Local da Pobra do Caramiñal, detivo a catro persoas veciñas da comarca do Barbanza na segunda fase da ‘Operación Calasband’ na que se esclareceron 52 roubos nesta localidade.

remitida

A operación iniciouse a raíz do incremento dos roubos no interior de vehículos nesta localidade, o que levou á detención dunha persoa ao ser sorprendida cando tentaba acceder a un vehículo o pasado 7 de febreiro. A Garda Civil proseguiu coa investigación co fin de lograr o esclarecemento dos diversos ilícitos desta índole sucedidos nesta poboación e grazas á “inestimable colaboración cidadá”, os axentes solicitaron información que conduciu, tras a súa análise, á identificación plena doutras catro persoas involucradas nestes feitos, así como noutros posteriores co mesmo ‘modus operandi’.

A Garda Civil detivo na madrugada do venres pasado a dous homes veciños da Pobra do Caramiñal e a unha muller veciña de Ribeira, coñecidos das forzas de seguridade pola súa implicación en ilícitos de diversa índole, como presuntos autores de 50 delitos de roubo e á recuperación de parte dos efectos subtraídos, os cales foron restituídos aos seus propietarios.

Aos homes impútaselles, ademais, unha tentativa de roubo nunha máquina expendedora, na que aínda que non conseguiron subtraer a recadación, produciron danos por un valor de 400 euros; e un roubo con forza nun domicilio habitado no subtraeron 120 euros en efectivo, un anel de ouro e unha hidrolavadora valorada en 800 euros.

Estes tres detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos este domingo ao dispor do Xulgado de Instrución número 2, que decretou o seu ingreso en prisión.

A Garda Civil no marco da investigación procedeu na mañá deste luns á detención dun veciño da Pobra do Caramiñal como presunto coautor nun dos roubos e cooperador necesario ao facilitarlles refuxio no seu domicilio tras a comisión dos ilícitos.

Así, o balance da operación sáldase con cinco detidos, a recuperación de gran parte dos obxectos subtraídos e o esclarecemento de 52 roubos que, conclúe a Benemérita, “xeraran gran alarma social nesta localidade”.

A Garda Civil continúa coa investigación para a recuperación do resto dos obxectos subtraídos.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.