Curso Asociación Amicos e a Fundación La Caixa

17 Febreiro 2021
Curso Asociación AMICOS e a Fundación La Caixa

Hoxe levouse a cabo na Aula TIC do Centro Integral de Amicos a entrega de diplomas do Curso en Hixiene e Manipulación de Alimentos que se desenvolveu en modalidade virtual neste mes de febreiro.
Participaron un total de 20 persoas e foi finalizado exitosamente co 100% de aprobados. Tras esta formación conseguiuse a inserción laboral dun dos participantes.
“Grazas a este curso aprendín a traballar máis en equipo e sabemos o procedemento de temperatura e transporte de conxelados que deben levar os alimentos para que non se rompa a cadea de frío”, conta Mari Carmen, unha das participantes do curso que lle gustaría traballar nun supermercado.
Esta acción formativa está destinada a adquirir a acreditación e certificación de manipulador de alimentos que é de obrigado cumprimento en toda a Unión Europea para os traballadores da hostalería e de calquera outro sector alimentario.
O acto de entrega estivo presidido de maneira presencial por Keltoi Cameán e Rosa Agrelo, membros da Área de Emprego de Amicos.
A Asociación Amicos está a desenvolver o Proxecto Más Empleo en colaboración coa Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo. Este programa consiste na realización de itinerarios de inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, prioritariamente con discapacidade, no ámbito do Programa Operativo de Inclusión Social e da
Economía Social (POISES) do Fondo Social Europeo para España.

Outros artigos

Sábado 15, ceos mais cubertos no interior e máis despexados na costa

A xornada deste sábado 15 de agosto, solemnidade da Asunción da Virxe María, traerá un tempo de marcados contrastes á área de Santiago de Compostela e á comarca das Rías Baixas. Mentres que o interior e o norte acusarán o paso dunha fronte con nubosidade a primeiras...

+

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.