Convocados os premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021

08 Febreiro 2021
periodista en rueda de prensa

Este 8 de febreiro, a través da publicación da resolución da Consellería de Cultura e Educación, convocáronse os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 2020-2021, uns recoñecementos nos que teñen sobresaído, e moito, as comunidades escolares dos nosos concellos (por exemplo os IES de Boiro, de Rianxo e da Pobra). No Portal da Lingua Galega (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e no Portal Educativo foi pendurada toda a información ao respecto destes galardóns dirixidos aos centros docentes de titularidade pública no actual curso académico, amais das bases reguladoras.

A participación estará aberta até o vindeiro 10 de marzo, a través da sede electrónica da Xunta.

Ao abeiro desta iniciativa, seleccionaranse cinco proxectos que terán a consideración de “excelentes” e que recibirán cadansúa dotación económica de 2.000 euros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Innovando dende O Barbanza

Tras a posta en marcha desta iniciativa no ano 2008 son xa numerosos os proxectos que acadaron o recoñecemento polo seu impulso á dinamización da lingua galega desde o ensino, por medio de soportes variados (audiovisuais, aplicacións para móbiles, videoxogos…), rexistros propios da oralidade (regueifa, canción, contacontos) ou ámbitos de incidencia social (lecer, tecnoloxía, robótica). Segundo explica a Consellería, son “de especial relevancia” aquelas propostas que teñen como finalidade a integración lingüística tanto de alumnado estranxeiro como neofalante. Todas elas comparten o obxectivo de “vencellar a lingua galega coa modernidade e cos intereses e preferencias propias da cativada”. Entre outras, acadaron importante difusión iniciativas como Ao son delas, do IES Maximino Romero de Lema (Zas, A Coruña); Olimpíadas virtuais Sart Gal, do IES A Cachada (Boiro, A Coruña); Proxecto Regueifesta, dos IES Maximino Romero Lema (Zas, A Coruña), Marco do Camballón (Vila de Cruces, Pontevedra), Aspiramos a ser simplemente un paraíso lingüístico, do IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña) ou o coñecido 21 Días co Galego do IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña), que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai extensivo á participación de centros de toda Galicia no marco do novo proxecto 21 Días co Galego e + desde o curso 2018-2019.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.