Convocados os cursos de galego das probas CELGA 2021, con máis de 1.000 prazas en liña e presenciais

03 Febreiro 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou este 3 de febreiro os cursos preparatorios das probas de acreditación do CELGA para o ano 2021. Fíxoo cunha “ampla oferta formativa” que inclúe até 1.050 prazas, nas modalidades presencial e en liña. As persoas interesadas xa poden consultar e solicitar as súas prazas dende a eSede da Xunta (código de procedemento PL600A). A oferta formativa, segundo confirmou a Secretaría Xeral, foi obxectivo dunha serie de modificacións importantes para acadar a súa plena adaptación á realidade da COVID e á necesidade de trasladar a actividade docente ás novas canles dixitais.

A convocatoria desde ano, que ofrece un total de 33 cursos formativos, incide especialmente na formación en liña, cunha oferta de 27 cursos destinados ao catro niveis de coñecemento do galego que se poden acreditar mediante exame oficial (CELGA 1, 2, 3 e 4). Ao mesmo tempo, “para quen así o quixer e de permitilo a situación”, mantense un mínimo de seis cursos presenciais (preparados para a súa adaptación á modalidade virtual, se for preciso) repartidos entre as catro provincias e preparatorios dos niveis que abranguen habitualmente un número maior de solicitudes, o 3 e o 4.

Así se recolle na resolución deste 3 de febreiro da Secretaría Xeral de Política Lingüística que publican o Diario Oficial de Galicia e o Portal da Lingua Galega, na que se incide no carácter voluntario e gratuíto dos cursos e se recorda que a súa realización non dá dereito a ningún tipo de certificación. Cómpre, para acadar a certificación, acadar unha cualificación de apto/a nas probas de acreditación que a Xunta ten en axenda para os meses de maio e xuño.

Prazo aberto desde mañá ao 24 de febreiro a través da sede electrónica

Os cursos poderanos solicitar todas as persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria a partir do día 4 de febreiro e ata o vindeiro 24 de febreiro. Todos os cursos terán un mínimo de 15 participantes e un máximo de 30, agás os do CELGA 1, cun máximo de 50, e terán unha duración de 70 horas lectivas titorizadas por docentes especialistas.

A Secretaría de Política Lingúística publicará na súa web (www.lingua.gal) a relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, dando cinco días naturais desde a súa publicación para as posíbeis alegacións.

Formación en liña e tamén presencial

A oferta preparatoria do CELGA neste ano 2021 inclúe como dixemos 33 cursos, 27 deles en liña, que se reparten entre o CELGA 1 (tres cursos), CELGA 2 (cinco cursos), CELGA 3 (seis cursos) e CELGA 4 (13 cursos). Así mesmo, para garantir que a oferta formativa chegue a todas aquelas persoas interesadas, darase en todos os niveis a posibilidade de acceder dende calquera punto xeográfico que exceda as catro provincias galegas. Por parte, os seis cursos presenciais estarán repartidos entre as grandes cidades galegas e o CELGA 4 poderá prepararse presencialmente na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, mentres que o CELGA 3 desenvolverase en Lugo e Pontevedra.

As dúas modalidades darán comezo o 15 de marzo e desenvolveranse ata o 6 de maio cunha carga lectiva total de 70 horas. As persoas que desexen matricularse neles deben cubrir o formulario de solicitude que se achega como anexo e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da correspondente provincia. “Se a situación excepcional provocada pola COVID-19 así o esixe, a formación presencial poderá ser substituída por cursos en liña”, explicou a Secretaría Xeral.

Outros artigos

Outes celebra as Festas de Santiaguiño entre o 24 e o 27 de xullo

Os días 24, 25, 26 e 27 de xullo celebraranse no concello de Outes as Festas do Santiaguiño, cunha ampla programación musical para todos os públicos. A axenda comezará o 24 e xullo cunha ruada da Banda Xeitura de Esteiro e logo pola noite, na praza do Bosque, cunha...

+

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.