Comeza en Boiro a execución das obras na praia de Barraña

02 Febreiro 2021

O Concello de Boiro comeza a execución das obras para mellorar as beirarrúas na praia de Barraña, co fin de realizar tramos máis accesíbeis, en concreto o que vai dende a avenida de Compostela e transcorre a carón do espazo natural do Esteiro do Río Coroño.

Así, preténdense “adoptar medidas para asegurar a accesibilidade universal nun espazo público, garantindo a autonomía das persoas e favorecendo a igualdade de oportunidades para toda a cidadanía, especialmente para as persoas con discapacidade”.

O proxecto costa 80.768,71 euros e pretende unir a praia, o paseo do Río Coroño e os servizos da contorna do estuario nun período de 2 meses. Deste modo, vaise actuar no marxe sur da avenida de Compostela, no tramo que percorre o piñeiral do Esteiro do Rio Coroño, que é dun total de 270 metros lineais.

O Concello explicou que “ata o momento, as beirarrúas presentan un estado de deterioro, polo que compre facer unha renovación total das mesmas, xa que é unha zona de gran afluencia pola proximidade de centros de ensino e espazos naturais”.

Un dos obxectivos é instalar unha nova rede de pluviais, para garantir unha maior seguridade no tránsito de vehículos. Tamén vaise a executar unha nova beirarrúa de formigón impreso, dando continuidade ao paseo marítimo e as beirarrúas xa existentes. Doutra banda, realizarase unha renovación do alumeado. Instalaranse luminarias LED para contribuír ao aforro enerxético, e vaise dotar a zona con novo mobiliario urbano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...