Chega un certame en liña para apoiar o comercio local de Boiro

11 Febreiro 2021

O Concello de Boiro convoca un certame fotográfico durante o Entroido, co fin de promover o comercio local. O evento realizarase a través das redes sociais e nace como unha alternativa cultural e de ocio ás festas tradicionais destas datas.

Os gañadores recibirán vales de compra para mercar nos establecementos adheridos do municipio. Os premios dividiranse en dúas categorías. Unha delas é para menores de 12 anos, que inclúe un primeiro vale de 100 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro premio de 50 euros, ademais de 5 vales por valor de 35 euros cada un. A segunda categoría está dedicada aos maiores de 13 anos e terá varios vales. Un de 175 euros, outro de 125 e un terceiro de 100, a maiores de 5 vales por valor de 50 euros.

Aquelas persoas que queiran participar deberán enviar unha fotografía do disfrace. O traxe debe enfocarse nun momento artístico, cotiá ou tradicional relacionado cos oficios tradicionais, as tradicións propias do Entroido, a reprodución de escenas de obras de pintores coñecidos ou fotografías tomadas en lugares de interese cultural, paisaxístico e arquitectónico.

No concurso poden participar todos os públicos. Soamente hai que enviar a fotografía cunha pequena descrición ao enderezo electrónico comunicacion@boiro.gal. As imaxes serán publicadas no Facebook da Casa da Cultura de Boiro antes do sorteo. O prazo remata o 22 de febreiro.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.