Boiro promove un programa de fomento ao comercio local con premios en vales de compra

17 Febreiro 2021


A pandemia da COVID-19 provocou que moitos establecementos locais se virán damnificados, polo que se converteron nun dos principais problemas da zona. O Concello de Boiro organiza un Programa de fomento ao comercio local para que tódolos interesados en participar vexan favorecido o consumo nos seus establecementos.
O Certame Fotográfico de Entroido 2021 será a primeira iniciativa deste Programa, xa que os gañadores recibirán vales de compra para gastar nos comercios e locais hostaleiros do municipio adheridos ao programa. Este concurso repartirá un total de 1.050 euros en vales, divididos en diferentes categorías, para menores de 12 anos e para maiores de 13 anos.
Tódolos establecementos interesados en formalizar a súa adhesión ao Programa poderán facelo en calquera momento, enviando o impreso de adhesión, que se atopa na web municipal, ao enderezo electrónico reservacultura@boiro.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.