Acepta tres anos de prisión tras ser identificado en Boiro con cocaína

18 Febreiro 2021


Un home, acusado dun delito contra a saúde pública, aceptou unha pena de tres anos de prisión e unha multa de máis de 2.197 euros tras ser identificado en Boiro con tres envoltorios que contiñan cocaína para a súa venda, cuxo valor superaba os 2.000 euros no mercado

As partes chegaron a un acordo que permitiu rebaixar a pena do acusado, drogodependente e que se atopa na actualidade en tratamento para desintoxicación.

Estas circunstancias levaron ao tribunal para permitir a suspensión da pena, polo que o acusado non entrará en prisión a condición de que continúe co citado tratamento ata a súa conclusión, polo menos durante uns cinco anos.

En caso contrario, estudarase impoñerlle a pena de cárcere por uns cinco anos. Así mesmo, terá que asumir o pago dunha multa por 2.197,5 euros, o que supón unha rebaixa dos 5.500 euros iniciais que solicitaba a Fiscalía.

Os feitos rexistráronse ás 09,45 horas do 19 de agosto de 2019. O acusado, maior de idade e con antecedentes penais, achábase durmido no interior dun vehículo na rúa Tenencia en Boiro, momento no que varios axentes da Policía Local e Garda Civil acudiron ata o para identificalo.

Os axentes acharon no cacheo tres envoltorios con varias pedras de cocaína, dun peso total de 35,33 gramos e un valor que ascendía a uns 2.197,50 euros no mercado, que estaba destinada á venda a terceiros.

No momento da detención, o acusado portaba 403,20 euros, procedente da venda de substancias estupefacientes, fraccionados e distribuídos en tres billetes de 50 euros, sete de 20 euros, nove billetes de 10 euros, catro de 5 euros e moedas, así como un móbil con dous números de IMEI.

Por estes feitos solicitábase unha pena de catro anos e unha multa de 5.500 euros, que finalmente foi rebaixada este xoves tras o acordo logrado entre as partes e as circunstancias do acusado.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...