A Xunta informa aos nosos Centros de Información á Muller das vindeiras novidades en materia de axudas

18 Febreiro 2021

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e a xefa territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Judit Fontela reuníronse este xoves por vídeo-conferencia con responsábeis dos 15 centros de información á muller (CIM) das comarcas de Santiago e Barbanza para abordar as novidades que incluirá a próxima convocatoria de axudas dirixidas a apoiar a súa actividade.

Segundo destacaron en 2021 esta liña de achegas terá entre as principais vantaxes a seguinte: que pasarán a ser subvencionábeis a totalidade dos gastos do persoal dos CIM, que inclúen as retribucións íntegras e a cotización á Seguridade Social a cargo das respectivas entidades locais.

A reunión serviu para coñecer as propostas e necesidades formuladas desde os centros e avaliar o funcionamento do Plan de reforzo de atención ás vítimas de violencia de xénero posto en marcha polo Goberno galego para garantir todos os recursos a aquelas mulleres que o precisen durante a pandemia.

Os responsábeis da Xunta destacaron o papel dos CIM, nos que “se proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral ás mulleres que poden ser vítimas da violencia de xénero ou a outras mulleres que polas súas circunstancias demandan a súa atención”.

Os CIM destas dúas comarcas son os da mancomunidade de Ordes, Ames, Arzúa, Boqueixón, Melide, Negreira, Padrón, Santa Comba, Santiago, Teo, Boiro, Muros, Noia, Outes e Ribeira. Entre todos eles prestan servizo a 25 concellos e no último ano, a Xunta apoiou o seu labor con achegas por valor total de máis de 385.000 euros na área de Santiago e 216.000 na área do Barbanza.

Outros artigos

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.