“A xarda “escapa” novamente ós barcos galegos”. Antón Luaces

10 Febreiro 2021

Crin que, desta vez, o post brexit impediría ao Ministerio de Agricultura e Pesca repetir manobras interesadas políticamente como son eses denostados dereitos históricos de pesca que se lle outorgan como avío ou apaño electoral ás frotas do País Basco e Cantabria -en contra dos intereses socioeconómicos das de Galicia e Asturias- pero non é así: no caladoiro Cantábrico Noroeste persiste o rédito electoral goberne quen goberne en Madrid.

Para País Basco, pesca dirixida; para Galicia, accesoria.
As capturas de cabala (xarda) no caladoiro do Cantábrico Noroeste engade un handicap máis para as frotas pesqueiras galega, asturiana e, neste ocasión, cántabra. As negociacións conseguintes e posteriores ao brexit deixaron pendentes de fixar os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas de 119 stocks que a Unión Europea e o Reino Unido comparten no Atlántico Nororiental, o que mesmo complica a xestión doutros  caladoiros alleos ao de Gran Sol. A frota que faena no Cantábrico, ao igual ca que o fai no Golfo de Cádiz, deberá conformarse polo de agora con cotas provisionais xa publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.Tal publicación discrimina a pesca dirixida da xarda á frota do País Basco, mentras ca do resto do Cantábrico só poderá capturar esa especie de forma accesoria: a cabala que poderán pescar os barcos bascos, provisoriamente, suma un total de 2.631.023 quilogramos (a suma dos topes que corresponden ós territorios de Guipúscoa e Biscaia, que xa poden levar a cabo a pesca dirixida). Para o resto da frota do Cantábrico que non sexa de arrastre ou cerco, tan só está aberta a xarda para a captura accesoria da especie. (Considérase accesoria ou accidental cando a porcentaxe capturada non chega ao 20% do total da marea). De superar esta porcentaxe conbsideraráse pesca dirixida e esta está prohibida agás aos buques do País Basco. O resto dosbarcos poderán facelo cando se determine e pacte cada sector coa s´çua respectiva Comunidade Autónoma.Os pescadores de Guipúscoa e Biscaia coñecen xa as súasposibilidades de pesca.
España dispón dun TAC para 2021 de 17.000 toneladas.
A captura de xarda referida a aos volumes de captura aparece na resolución publicada pola Secretaría General de Pesca a partir de certeza de que España vai contar con 17.000 toneladas desta especie, descontadas xa as 5.500 da multa que por sobrepesca de anos anteriores se detraen para a pesca de xarda.Na resolución ministerial figura o cupo inicial de pescada, peixe sapo, cigala e rapante. No caso do xurelo, o lirio e a cigala aplicóuselles o criterio de reparto establecido no Consello de Ministros de decembro: o 65% do TAC acordado9 para o ano 2020.​Este é o reparto que o MAPA coida xusto para as catro comunidades que pescan no caladoiro Cantábreico Noroeste. Un ano máis, Galicia e Asturias -desta vez tamén Cantabria- perden. Gañan os votos de apoio ao Goberno de Euskadi.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.