A Policía Nacional detén en Ribeira a un varón por un delito de tráfico de drogas

01 Febreiro 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ribeira, procederon á detención dun home de 33 anos de idade, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.
No marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico de drogas na localidade de Ribeira, os axentes participantes no mesmo
procederon á interceptación dun vehículo conducido polo detido, e durante o rexistro ao que foi sometido, foron localizados ocultos en diferentes habitáculos do mesmo, 120 envoltorios termosellados, coñecidos
como papelinas, de cocaína e 48 de heroína .
Intervénselle ademais ao detido un vehículo e un teléfono móbil.
Ao detido cónstanlle antecedentes por feitos similares.
Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido foi
posto ao dispor do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...