A Pobra retoma neste mércores o mercado ambulante semanal

22 Febreiro 2021

O Concello da Pobra, ante a mellora da situación sanitaria e as novas disposicións, retoma a celebración do mercado ambulante a partir deste mércores 24. Iso si, será ao 50% da súa capacidade.

O Executivo local confirmou que os postos rotarán cada semana para “que tódalas e tódolos comerciantes poidan retomar a súa actividade”. Amais, sinalou que “pola aplicación do protocolo fronte á COVID-19 e do control da cabida”, os postos de alimentación e de plantas situaranse diante do Mercado Municipal, mentres que os de téxtil e calzado trasladaranse á praza Alcalde Segundo Durán (praza Maior).

O Concello indicou que todos os postos verán reducido o seu tamaño coa finalidade de que “sexa posíbel garantir a distancia de seguridade” e ningún deles poderá exceder os 8 metros de lonxitude.

Así mesmo, colocaranse dispensadores de xel hidroalcohólico, instalaranse carteis onde se especifiquen as medidas para seguir e estableceranse circuítos de entrada e de saída.

Por outra banda, vaise controlar a cabida máxima na praza Alcalde Segundo Durán. Cando se acade esa cabida, non se poderá acceder ata que outras persoas abandonen o espazo. Ademais, a Policía local vixiará o cumprimento das restricións decretadas e que non se produzan aglomeracións.

As persoas propietarias dos postos deberán contar coa autorización previa do Concello, que informará de que día lle corresponde vir a cada posto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.