A Pobra contará con obradoiros de conciliación no Entroido

06 Febreiro 2021

De cara á época do Entroido, o Concello da Pobra do Caramiñal oferta, a través da Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), uns obradoiros de conciliación para os días 15, 16 e 17 de febreiro. Estas actividades transcorrerán no CEP Salustiano Rey Eiras, en horario de 09.00 a 14.00 horas, e están dirixidas a crianzas nadas entre 2008 e 2017. Estableceranse grupos reducidos de cinco cativas/cativos por monitor/a e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.
O prezo é de 9 euros por nena/neno, aplicándose un desconto do 50% á
segunda irmá ou irmán e será de balde para o/a terceiro/a. Ademais, inclúe o Servizo de Madruga, cuxo custo será de 3 euros pola entrada do cativo/cativa a partir das 08.00 horas, e de 4’50 euros dende as 07.30 horas. Tamén haberá a prestación de comedor, entre as 14.00 e as 16.00 horas, para dar maiores facilidades ás familias usuarias.
As persoas interesadas poden solicitar información e formaliza-la súa inscrición nas oficinas dos Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545. A data límite para se anotar é no 11 de febreiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.