A comunidade de Amicos recibe este martes a segunda dose da vacina contra a COVID

01 Febreiro 2021

A Asociación Amicos, con sedes en Ribeira (Oleiros) e Boiro (Comoxo), vai dar acubillo este 2 de febreiro a unha nova xornada intensiva de vacinación, logo da rolda celebrada o luns 12 de xaneiro na que se dispensaron 130 doses á comunidade de traballadores e residentes.

A cita deste martes será ás 11.30 horas no Centro de Atención Integral de Amicos en Boiro. Segundo informa o centro, trátase do subministro da segunda dose contra a coronavirus para usuarias, usuarios e profesionais da asociación. “Con esta nova dose”, engaden, “rematará o proceso de vacinación e conseguirase a inmunidade dentro da asociación”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.