A Clínica Dental Rebeca Ozores, novo socio protector da ABE

09 Febreiro 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) segue a achegarnos boas novas con este cambio de ano, logo dos ánimos subministrados ao remate do Nadal (o frutífero balance dos 80.000 rascas repartidos). Segundo nos conta a entidade, esta vén de incorporar un novo socio protector a través da figura da Clínica Dental Rebeca Ozores, emprazada no centro urbano de Boiro e ocupando un espazo de 200 m² dotado da máis moderna tecnoloxía e últimos avances en odontoloxía como TAC 3D, láser dental, cirurxía guiada por ordenador e sedación consciente.

En palabras da ABE, entre os puntos fortes da nova incorporación atópanse os esforzos despregados pola dirección da clínica para subministrar “un ambiente acolledor, cómodo e seguro”, onde se garante non só unha atención profesional, próxima e personalizada en todas as súas especialidades (odontoloxía xeral, implantoloxía oral, ortodoncia, odontopediatría, endodoncia, periodoncia e estética dental) senón tamén unha comunicación directa e próxima e máis unha experiencia de máis de quince anos de andaina e profesionalidades.

Con esta integración e coa renovación do compromiso dos resto de socios protectores, JEALSA Grupo JJ Chicolino, García Sanchez e España y Fernández, a ABE conta con 5 empresas con esta categoría.

A figura do socio protector

A xunta directiva da ABE, para “consolidar o crecemento sustentábel da entidade”, creou en 2016 a figura de socio protector, que son empresas ou entidades que queiran dar un paso adiante no apoio á patronal boirense conseguindo esta condición a través do cumprimento dunha serie de obrigas (sinatura de convenio de colaboración e aceptación das súas cláusulas) e que dan dereito a determinados beneficios como a inclusión destacada na sección específica da web www.abe.gal, a incorporación do seu logotipo en tódalas campañas e eventos que realice a ABE así como a presenza do mesmo nas roldas de prensa, cursos, charlas e conferencias.

A ABE expresou o seu agradecemento tanto a Clínica Dental Rebeca Ozores pola súa implicación como ao resto de socios protectores xa que “co seu apoio podemos afianzar e manter os servizos e actividades que desenvolvemos e impulsar novos proxectos”.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.