A aula CeMIT de Boiro achega en marzo unha manchea de cursos de formación online en ofimática

15 Febreiro 2021

A aula CeMIT do Concello de Boiro mantén a súa actividade formativa durante o mes de marzo cunha nova oferta de cursos tecnolóxico-dixitais en modalidade online e poñendo o foco en iniciar á cidadanía nalgunhas das principais utilidades das novas ferramentas (para informarse, para comunicarse, para traballar para aumentar a súa empregabilidade). As inscricións e toda a información poden facerse a través do enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou 629 769 139.

As actividades formativas que se van impartir son as seguintes: Iniciación á informática, correo electrónico e Internet, que se vai impartir entre os días 1 e 4 de marzo, LibreOffice e Writer, que se desenvolve entre o 8 e o 11 de marzo, LibreOffice Calc, que se celebra do 15 ao 18 de marzo, LibreOffice Base, do 22 ao 25 de marzo, e LibreOffice Impress, do 29 ao 31 de marzo.

Toda a formación, co fin de garantir ao máximo a seguridade das e dos participantes, vaise impartir online.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.