A Área Santiago- Barbanza realizou este venres unha xornada piloto da vacinación fronte á covid a maiores de 80 anos de Galicia.

20 Febreiro 2021

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza realizou este venres unha xornada piloto da vacinación fronte á covid a maiores de 80 anos de Galicia. Na comarca empezouse en Boiro.

Nesta semana, un equipo de 10 traballadores de servizos xerais e un coordinador empezaron a contactar con máis de 34.000 octoxenarios que restan por vacinar na área sanitaria compostelá, e que se sumarán aos máis de 3.000 maiores de máis de 80 anos xa vacinados nas residencias sociosanitarias.

Citouse a 569 persoas en 8 puntos de vacinación para administrarlles a vacina contra a covid.

O persoal de enfermería dos 8 equipos de vacinación da área desprazaranse, a partir do luns e de xeito paulatino, aos 16 puntos de vacinación nos que ata o venres da próxima semana citaranse a uns 5.500 usuarios maiores de 80 anos.

Comeza a campaña de vacinación fronte á covid para o colectivo de maiores de 80 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.