A área do Barbanza reabre a hostalería, ximnasios e permite reunións de 4 non convivintes e a mobilidade entre concellos

22 Febreiro 2021

O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este luns as novas medidas que se levarán a cabo en Galicia. Logo da reunión do comité, a Xunta estableceu tres niveis para realizar unha desescalada gradual nos diferentes concellos da comunidade segundo a incidencia acumulada (IA) por cada 100.000 habitantes. Así, diferénciase o primeiro nivel (IA maior de 500), segundos nivel (IA entre 250 e 500) e o terceiro nivel (IA inferior a 250), no que se atopan os concellos da do Barbanza.

Excepto 17 municipios, que se atopan no nivel 1, o resto de Galicia reabrirá este venres o 50% do aforo das terrazas na hostalería ata as 18 horas, e no caso da área do Barbanza, que se atopa na mellor situación, tamén abrirán o 30% do aforo interior de bares e restaurantes, con distancia de 1,5 metros e ata as 18 horas e permítense reunións de 4 persoas non convivintes, sempre con máscara. Ademais, volve a mobilidade entre concellos do mesmo nivel, polo que se poderá viaxar entre os municipios da zona. Tamén avanzan no ámbito deportivo, xa que se abrirán instalacións deportivas, ximnasios e piscinas.

Ademais da desescalada gradual segundo a incidencia acumulada nos diferentes concellos de Galicia, aprobáronse dúas medias que afectan a toda a comunidade. A clases presenciais nas universidades galegas retómanse o 1 de marzo e ofrecerase esta semana un cribado ós alumnos que así o desexen para facer unha volta ás aulas o máis seguras posíbeis. Tamén poderán abrir a os centros comerciais a partir desta fin de semana, ata o de agora só podían facelo de luns a venres.

Este avance gradual na apertura de diferentes ámbitos chega logo de que Galicia saíse do nivel máximo de risco, pasando de 779 de IA a 236 na actualidade. Ademais a baixada nas UCIS con respecto a principios de febreiro foi dun 40 por cento, e en canto a ingresados en planta do 50 %. Feijóo quixo destacar e avisar de que “Galicia é a Comunidade con menor taxa de positividade de toda España, o que acredita que temos un importante volume de poboación sen inmunizar, a cara negativa”

Fora do nivel máximo de risco779 a 236 por cada 100 mil habitantes

Baixada de UCIS é dun 40 por cento, con respecto a principios de febreiro

Tasa de positividade menor de todo España

Avance gradual apertura de diferentes ámbitos

Apertura da hostalería, movilidade interprovincial e reunión de non conviventes

Apertura total

Clases presencias das Universidades 1 de marzo, previo cribado

Apertura de centros comercias o próximo sábado 27 (antes solo durante semana)

Primeiro nivel (500/100.000 incidencia)

17 concellos con peche total

Segundo nivel (107 concellos) (250/500 incidencia)

Só terrazas, 50 % de aforo, reunións de 4 non convivintes

Terceiro nivel (250/100.000 habitantes incidencia)

Reunións de non convivintes 4 persoas, hostalería abre 30 % interior e terrazas 50% hasta as 18 horas mobilidade entre concellos do mesmo nivel, abren ximnasios e centros deportivos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

“La palabra y el libro”. Alberto Barciela

La palabra es la mayor intuición de los humanos, y su mayor logro colectivo. Con ellas, con su cúmulo, los racionales nos distinguimos, construimos mundos, los narramos, elaboramos cosmos propios y extraños; adquirimos universos reales y proyectamos otros imaginarios....