Unha ferida nun accidente á saída da AG-11 en Boiro

27 Xaneiro 2021

O 112 informa dun accidente pouco despois das 20.30 horas deste mércores. O suceso tivo lugar na autovía de Barbanza preto da saída do punto quilométro 24 de Boiro, dirección Padrón. O vehículo perdeu o control e acabou envorcando e a condutora resultou ferida leve.

Ata o lugar acudiu unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro, unha ambulancia do servizo de mantemento de estradas. Un carril da AG-11 tivo que ser cortado, aínda que non se xeraron grandes problemas de tráfico.

Foto Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.