Últimas prazas para participar no plan Integral de Emprego do Concello de Boiro

04 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro informou de que aínda hai prazas dispoñíbeis para participar no Plan Integral de Emprego local, o PIE, destinado exclusivamente a mulleres inscritas como demandantes dun posto de traballo. O prazo de inscrición está aberto para as últimas vacantes do plan, segundo confirma o Goberno boirense.

O Plan Integral de Emprego do Concello de Boiro 2020/2021 conta co financiamento por parte da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Empleo Estatal para a súa execución. O programa está destinado exclusivamente a 100 mulleres, que van participar en accións formativas para lograr unha saída profesional axeitada ás súas características e obxectivos individuais.

Entre os itinerarios formativos que se ofertan están o de turismo, administración e xestión ou industria alimentaria de produción e envasado. Ademais destes módulos específicos, inclúese formación transversal como complemento da oferta formativa dos diferentes itinerarios e orientada á inserción laboral e mellora das habilidade necesarias para o emprego.

As persoas interesadas en participar neste programa deben acudir á oficina de emprego e solicitar que lle asignen o código 930, ou contactar directamente a través dos enderezos electrónicos orientadorapie@boiro.gal ou prospectorpie@boiro.gal ou teléfonos 659 247 963 ou 950 042 409 para máis información.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.