Soben a 21 os positivos na residencia de maiores de Ribeira tras recibir a primeira dose da vacina

07 Xaneiro 2021

Vinteún positivos na residencia de Ribeira tralo cribado realizado nas instalacións ribeirenses na xornada de onte, onde usuarios e traballadores recibiran a primeira dose do antídoto a semana pasada. Actualmente os afectados están en coarentena.
Onte informabamos en O Barbanza da infección de dúas persoas na residencia de maiores ribeirense. Os últimos datos indican que son xa 19 os residentes e dous traballadores os positivos.

Amais rexistrouse outro caso entre o persoal de traballadores do centro de maiores de Noia, pero ningún entre os residentes nos recintos radicados na comarca.

No resto de Barbanza a pandemia parece conterse. Así A Pobra mantén o mesmo número de contaxiados descubertos en dúas semanas, 37. No resto de municipios experiméntanse descensos, cinco baixan en Boiro (90), tres en Noia (52) e Rianxo (47), dous en Muros (30), e un en Porto do Son (36).

Sanidade informou de que hai dúas persoas con covid ingresadas no hospital comarcal do Barbanza en Oleiros. Estes dous contaxiados súmanse aos 89 que están a tratamento no CHUS e no HM A Rosaleda, e que marca o pico máis alto de hospitalizados nesta segunda onda, e sitúase moi preto do centenar.

Coas case 2.100 PCR realizadas na zona de influencia da xerencia compostelá permitiron descubrir 93 novos positivos, unha cifra moi similar á de altas que se deron na última xornada, 94. Segundo os datos de Sanidade, nestes momentos hai 1.453 persoas a tratamento, 11 máis que onte, e vólvense a marcar a cifra máis alta desta segunda onda.

Outros artigos

Comeza este venres a “LXXVII Festa da Dorna” 2025

O municipio de Ribeira acollerá desde o 18 ao 24 de xullo unha nova edición da Festa da Dorna. As dornas forman parte da vida cotiá dos veciños do municipio ribeirense que manteñen viva a tradición por esta embarcación de pesca, tal é a importancia e representación...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.